
Pardesoa

Palco fósil
San Pedro Felix de Vixoi, Bergondo

Palco fósil
Orosa, Vilarraso, Aranga

Palco fósil
San Roque, Vigo

Palco vivo
Candean

Palco vivo
Santa Cristina de Lavadores

Palco vivo
Mondriz, Castro de Rei

Palco reapropiado
San Ramón, A Veiga, Lalín

Palco vivo
A Costa, Anzo, Lalín

Palco vivo
Cercio, Cercio,Lalín

Palco vivo
A Goleta, Camposancos, Lalín

Palco reapropiado
O Camiño Novo, Mimenta, Lalín

Palco lembrado
Golmar, Noceda, Lalín

Palco vivo
Prado, Prado, Lalín

Palco vivo
Eirexe, Santiso, Lalín

Palco reapropiado
Santa Cristina de Lavadores
Palco vivo
San Pedro de Sarandon, Vedra

Palco reapropiado
Santo Andre de Trobé, Vedra

Palco vivo
Reis, Teo

Palco fósil
test2

Palco vivo
test
Palco vivo
CEIP do Foxo, Lugar de Foxo, A Estrada

Palco fósil
A igrexa, Xeve, Pontevedra

Palco vivo
San Cristovo do Eixo, Santiago de Compostela

Palco fósil
Tilve, Cerponzóns, Pontevedra

Palco reapropiado
PAREIZO, GOIÁS, LALÍN

Palco lembrado
San Martiño de Goberno, Castro de Rei

Palco vivo
Outes
Palco fósil
Santa María de Cortiñán, O Bosque, Bergondo

Palco reapropiado
O Ferro, Santa María do Alto de Xestoso, Monfero

Palco lembrado
O Canedo, Val de Xestoso, Monfero

Palco fósil

Lenda
Mapa dos palcos de música construídos en Galicia desde a década de 1960.
As categorías fan referencia ao uso actual dos palcos.
O proxecto
Os palcos de música son símbolos da vida en comunidade que se tece ao redor da festa en moitos lugares, parroquias e localidades do territorio galego. A súa presenza aínda hoxe no campo da festa testemuña os cambios nos ecosistemas sociais, económicos e culturais dos territorios nos que se sitúan.
PALCOS é un proxecto de investigación que pretende mapear, catalogar e documentar os palcos de música espallados polo territorio galego. Buscamos palcos vivos, reapropiados, fósiles ou lembrados. Interésannos especialmente aqueles palcos modestos de bloques, ladrillos ou formigón —rebocados ou sen rebocar, con ou sen ornamentación, en bo ou mal estado—construídos entre a década de 1970 e os anos 2000 para acoller ás novas formacións musicais e que hoxe, en moitos casos, se atopan en desuso. Tamén queremos recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao seu redor.
Para máis información visita a páxina web do proxecto: palcos.gal
PALCOS. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega é un proxecto do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consejo Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC) financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Glosario

Palco vivo
Un palco vivo é un palco que aínda se usa de forma regular durante as festas parroquiais, xa sexa para celebrar a misa, acoller unha foliada, ser escenario da banda que ameniza a sesión vermut ou palco de verbena. Cóntanos na túa historia cando, quen e como se usa o palco da tua parroquia.
Palco reapropiado
Chamamos palco reapropiado a aquel palco que xa non se usa para a festa pero ao que os veciños lle deron outros usos: lugar de reunión da mocidade, almacén de madeira, lenzo para os grafittis, etc.

Palco fósil
O palco fósil é un palco que está abandonado e hai tempo que non se usa. Pode estar en estado ruinoso ou perfectamente conservado. Permanece na paisaxe como testemuña muda das festas que xa foron. Cóntasnos algunha historia dese palco da tua parroquia cando aínda era un palco vivo?

Palco lembrado
Os palcos lembrados só existen en forma de recordo ou nas fotografías do álbum familiar. Tamén nos arquivos e nas crónicas das festas pasadas. Falamos de palcos lembrados para referirnos a eses palcos que xa non existen, que foron demolidos para construír un palco maior, para deixar espazo para os camións das orquestras, ou porque xa non se usaban. Consegues dicirnos onde se situaba o placo na tua parroquia e cando foi derruido?
Palcos con historia(s)!
Usa este formulario para situar o palco da túa escolla no mapa.
Consegues dicirnos se o palco aínda se usa para a festa ou ten outros usos, se está abandonado ou se xa o tiraron? Usa o noso glosario para orientarte.
Cóntanos algunha historia sobre el. Podes usar a gravadora de voz do teu teléfono móbil ou calquera outro dispositivo que rexistre audio (os formatos soportados son .mp3,.ogg ou .wav). Despois só tes que achegar o arquivo no formulario.
Se podes manda tamén unha fotografía para que toda a xente o poida ver. A foto pode ser actual ou antiga.
Con esta información crearemos unha ficha do palco que estará dispoñible nesta plafatorma. Ademáis, se nos dás o teu consentimento, contactarémosche para saber máis da historia do palco e das festas que se celebraron nel. Axúdanos a atopar palcos con historia(s)!
Ah! E se o palco xa está no mapa, pero tes unha historia distinta que contar, crea outra ficha á beira da que xa existe. Cantas máis historias consigamos rexistrar, mellor!
Para dúbidas ou consultas podes contactarnos a través desta ligazón
Política de dados
A información enviada usando o formulario, a excepción do campo correo electrónico, será publicada en participa.palcos.gal. Esta información será utilizada exclusivamente dentro do Proxecto PALCOS promovido polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A imaxe, o audio e o texto enviado usando o formulario publicarase en participa.palcos.gal baixo licenza Creative Commons 4.0 Recoñecemento Compartir Igual. Podes contactarnos en calquera momento a través do correo electrónico palcos@incipit.csic.es para que eliminemos os teus datos do noso servidor.